O Espello de Claude
Laboratorio de fotografía e identidade para adolescentes. Actividade para centros escolares.
5º e 6º Ed. Primaria, ESO, Bacharelao e CF.
Esta actividade ten como obxectivo explorar desde a fotografía aspectos clave na etapa
da adolescencia como a construción da identidade, a autoimaxe, a autoestima, a xestión
das emocións e a motivación. Todos eles procesos determinantes no desenvolvemento
persoal e na aprendizaxe.
O laboratorio ten unha formulación práctica e experiencial, a través de dinámicas de grupo, xeración de fotografías por parte do alumnado, e técnicas de creatividade.
A actividade estrutúrase en dúas partes:
1. Nas sesións de traballo co grupo na que se expoñen os diferentes temas, visualízanse
imaxes propias e de autores e autoras recoñecidas.
2. Desenvolvemento dun pequeno proxecto artístico que permita plasmar como sente e
pensa a adolescencia en relación a temas que lle son importantes.
O Espello de Claude fai referencia a un dispositivo (un pequeno espello negro de forma
convexa) que se utilizaba no s. XVIII para mirar de maneira indirecta a paisaxe. O espello
negro provocaba un efecto de luz similar ás pinturas de Claudio de Lorena. Curiosamente,
é un obxecto moi similar a un teléfono cando ten a pantalla apagada, que nos permite ver
o noso reflexo na superficie negra. Unha interesante analoxía que nos leva a vérmonos e a
ollar o mundo con todas as implicacións que iso ten.
Impartido por FUCO REYES, fotógrafo, psicólogo e profesor de fotografía de recoñecido
prestixio.
Afundación Oferta Educativa O Espello de Claude
Información 986129032 [email protected]